Saltar ao contido

Barbara Bush: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 41: Liña 41:
Barbara Bush foi durante oito anos a segunda dama dos Estados Unidos, converténdose nunha figura familiar á poboación. Tras ser diagnosticado seu fillo Neil con [[dislexia]], interesouse por cuestións de alfabetización e comezou a traballar con varias organizacións dedicadas a ese ámbito. Pasou moito tempo informándose dos factores que contribuían ao analfabetismo,— cría que tamén os [[sen teito]] estaban relacionados <ref name ="biografía"/> —e os esforzos en curso para combater a ambos.<ref name="FL bio"/> Viaxou por todo o país e o mundo co vicepresidente en viaxes oficiais ou ela soa. En 1984 escribiu un libro para nenos, ''C. Fred 's Story'', sobre as aventuras dunha familia vista polo seu cocker spaniel, C. Fred. Doou os beneficios do libro a institucións a prol da alfabetización.
Barbara Bush foi durante oito anos a segunda dama dos Estados Unidos, converténdose nunha figura familiar á poboación. Tras ser diagnosticado seu fillo Neil con [[dislexia]], interesouse por cuestións de alfabetización e comezou a traballar con varias organizacións dedicadas a ese ámbito. Pasou moito tempo informándose dos factores que contribuían ao analfabetismo,— cría que tamén os [[sen teito]] estaban relacionados <ref name ="biografía"/> —e os esforzos en curso para combater a ambos.<ref name="FL bio"/> Viaxou por todo o país e o mundo co vicepresidente en viaxes oficiais ou ela soa. En 1984 escribiu un libro para nenos, ''C. Fred 's Story'', sobre as aventuras dunha familia vista polo seu cocker spaniel, C. Fred. Doou os beneficios do libro a institucións a prol da alfabetización.


A mediados da década de 1980 Barbara falaba rutineiramente en público para promover cuestións nas que tiña interese e fíxose coñecida polo seu sentido de humor e polo seu enxeño<ref name="FL bio"/>. Durante a campaña presidencial de 1984 converteuse en titular cando lle dixo á prensa que ela non podería expresar na televisión o que pensaba da candidata demócrata á vicepresidencia, Geraldine Ferraro, aínda que rima con ruta<ref>Orixinalmente, en inglés, a palabra rima con ''rich'' [https://web.archive.org/web/20081015182134/http://www.bartleby.com/63/95/595.html Simpson's Contemporary Quotations, compiled by James B. Simpson. 1988]. Bartleby</ref>. Despois de recibir críticas polo seu comentario afirmou que ela non tiña intención ningunha de insultar a Ferraro.<ref>{{Cita novas|url=https://www.bostonglobe.com/opinion/2018/04/18/barbara-bush-ceo-bush-inc/P2zoRQby0pai5BbgWJE8bO/story.html|título=Barbara Bush: Devoted wife, mother, grandmother, and CEO]|xornal= The Boston Globe|data=18 de abril de 2018}}</ref>
A mediados da década de 1980 Barbara falaba rutineiramente en público para promover cuestións nas que tiña interese e fíxose coñecida polo seu sentido de humor e polo seu enxeño<ref name="FL bio"/>. Durante a campaña presidencial de 1984 converteuse en titular cando lle dixo á prensa que ela non podería expresar na televisión o que pensaba da candidata demócrata á vicepresidencia, Geraldine Ferraro, "aínda que rima con ruta"<ref>Orixinalmente, en inglés, a palabra rima con ''rich'' [https://web.archive.org/web/20081015182134/http://www.bartleby.com/63/95/595.html Simpson's Contemporary Quotations, compiled by James B. Simpson. 1988]. Bartleby</ref>. Despois de recibir críticas polo seu comentario afirmou que ela non tiña intención ningunha de insultar a Ferraro.<ref>{{Cita novas|url=https://www.bostonglobe.com/opinion/2018/04/18/barbara-bush-ceo-bush-inc/P2zoRQby0pai5BbgWJE8bO/story.html|título=Barbara Bush: Devoted wife, mother, grandmother, and CEO]|xornal= The Boston Globe|data=18 de abril de 2018}}</ref>


En 1988, o vicepresidente Bush anunciou a súa candidatura para suceder a Reagan na presidencia. Barbara converteuse na terceira cónxugue dun candidato presidencial en falar na convención nacional dun partido, tras Eleanor Roosevelt en 1940 e Pat Nixon en 1972.<ref name="FL bio"/> Prometeu os electores que ía ser un primeira dama tradicional e fixo campaña activamente polo seu marido<ref name="biografía"/> , xeralmente evitando discusións por cuestións políticas durante a campaña, especialmente aqueas nas que ela e o seu marido diferían. George gañou as eleccións en novembro de 1988 e xurou o 20 de xaneiro de 1989.
En 1988, o vicepresidente Bush anunciou a súa candidatura para suceder a Reagan na presidencia. Barbara converteuse na terceira cónxugue dun candidato presidencial en falar na convención nacional dun partido, tras Eleanor Roosevelt en 1940 e Pat Nixon en 1972.<ref name="FL bio"/> Prometeu os electores que ía ser un primeira dama tradicional e fixo campaña activamente polo seu marido<ref name="biografía"/> , xeralmente evitando discusións por cuestións políticas durante a campaña, especialmente aqueas nas que ela e o seu marido diferían. George gañou as eleccións en novembro de 1988 e xurou o 20 de xaneiro de 1989.

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2020 ás 14:13

Infotaula de personaBarbara Bush

(1991) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Barbara Pierce Editar o valor en Wikidata
8 de xuño de 1925 Editar o valor en Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte17 de abril de 2018 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteEnfisema pulmonar Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGeorge Bush Presidential Library (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeira dama dos Estados Unidos
20 de xaneiro de 1989 – 20 de xaneiro de 1993
← Nancy ReaganHillary Clinton →
Segundo-cônjuge dos Estados Unidos (pt) Traducir
20 de xaneiro de 1981 – 20 de xaneiro de 1989
← Joan Mondale (pt) TraducirMarilyn Quayle → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa episcopal nos Estados Unidos e Protestantismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónRye Country Day School (en) Traducir (1931–1937)
Smith College
Universidade Yale Editar o valor en Wikidata
Altura172,8 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica , presidente Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGeorge Herbert Walker Bush (1945–2018), morte da persoa
FillosGeorge W. Bush, Marvin P. Bush, Dorothy Bush Koch, Neil Bush, Jeb Bush, Robin Bush (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisMarvin Pierce (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Pauline Robinson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsScott Pierce (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0124093 Discogs: 4904516 WikiTree: Pierce-4 Find a Grave: 7748443 Editar o valor en Wikidata

Barbara Bush[1], de solteira Pierce nada en New York o 8 de xuño de 1925 e finada en Houston o 17 de abril de 2018, foi a primeira dama dos Estados Unidos dende 1989 ata 1993 como dona de George H. W. Bush, que serviu como o 41º presidente dos Estados Unidos. Foi tamén a segunda dama dos Estados Unidos de 1981 a 1989. Entre os seus seis fillos está George W. Bush, o 43º presidente dos Estados Unidos, e Jeb Bush, o 43º gobernador de Florida. Ela e Abigail Adams son as dúas únicas mulleres en seren esposas dun presidente dos Estados Unidos e mais nai doutro[2].

Traxectoria

Filla de Pauline (de solteira Robinson) e Marvin Pierce. Criouse en Rye (Nova York)[3]. Seu pai máis tarde foi presidente da McCall Corporation, editor de populares revistas femininas como Redbook ou McCall's. Tiña dous irmáns máis vellos, Martha (1920-1999) e James (1922-1993), e un irmán máis novo, Scott (n. 1930). Descendía de Thomas Pierce Jr., colono de Nova Inglaterra, e tamén tiña como antepasado a Franklin Pierce, 14º de presidente dos Estados Unidos.

Entre 1931 e 1937 acudiu á Milton Public School de 1931 a 1937 para pasar logo e ata 1940 á Rye Country Day School[4]. De 1940 a 1943 asitiu á Ashley Hall de Charleston[3]. Na súa mocidade gustaba da natación, o tenis, e andar en bicicleta. O seu interese pola lectura comezou de cativa ao ler coa súa familia nos seráns.

Matrimonio e familia

Barbara Bush, no centro, rodeada pola súa familia a mediados da década de 1960

Cando Barbara tiña 16 anos nunhas vacacións de Nadal coñeceu nun club de Greenwich en Connecticut a George H. W. Bush[5], entón estudante na Phillips Academy de Andover en Massachusetts[6]. Despois de 18 meses, e antes de partir George á guerra como piloto dun bombardeiro da Mariña, comprometéronse formalmente. Tres dos avións que pilotou o seu prometido levaron o seu nome: Barbara, Barbara II, e Barbara III. Barbara principiou estudo no Smith College de Boston[3] mais tras a volta de George, deixou os estudos e dúas semanas máis tarde, o 6 de xaneiro de 1945, casaron na Primeira Igrexa Presbiteriana de Rye. O matrimonio durou 73 anos, e foron a máis longa parella matrimonial presidencial na historia dos Estados Unidos ata que Jimmy e Rosalynn Carter bateron a súa marca o 17 de outubro de 2019.

Nos primeiros oito meses do seu matrimonio, os Bush viviron en varios lugares dos Estados Unidos, George desprazábase co seu escuadrón de adestramento, entre outros lugares viviron en Míchigan, Maryland e Virxinia[3].

Durante os seguintes 13 anos, George e Barbara tiveron seis fillos que lle deron á parella un total de 14 netos e sete bisnetos:

  • George Walker Bush (n. 1946), casou con Laura Welch o 5 de novembro de 1977. Tiveron fillas xemelgas, e tres netos.
  • Pauline Robinson "Robin" Bush (1949-1953), morreu de leucemia con tres anos.
  • John Ellis "Jeb" Bush pai (n. 1953), casou con Columba Garnica Gallo o 23 de febreiro de 1974. Tiveron tres fillos e catro netos.
  • Neil Mallon Bush (n. 1955), casou con Sharon Smith en 1980; divorciáronse en abril de 2003. Tiveron tres fillos e dous netos. Neil casou con Maria Andrews en 2004.
  • Marvin Pierce Bush (n. 1956), casou con Margaret Molster en 1981. Tiveron dous fillos.
  • Dorothy Walker "Doro" Bush Koch (n. 1959), casou con William LeBlond en 1982; divorciáronse en 1990, e tiveron dous fillos. Dorothy casou con Robert P. Koch en xuño de 1992, e con el tivo dous fillos.

Anos en Texas

Tras finalizar a guerra, George e Barbara tiveron o seu primeiro fillo, mentres George estudaba na Universidade Yale. A nova familia axiña se aveciñou en Odessa (Texas), e alí George entrou no negocio do petroleiro. En setembro de 1949 os pais de Barbara tiveron un accidente de tráfico en Nova York e súa nai morreu. Barbara estaba embarazada e o médico aconselloulle non viaxar para asistir ao funeral e ao nacer súa filla puxéronlle como nome Pauline Robinson Bush en homenaxe á nai de Barbara[7].

Os Bush establecéronse na zona dos Ánxeles durante un tempo, e en 1950 foron para Midland (Texas). En total mudaron 29 de veces de residencia ao longo do seu matrimonio[3]. Co tempo, Bush fíxose un nome no negocio na industria petroleira e con outros socios fundou a exitosa Zapata Corporation. Barbara educou seus fillos, mentres seu marido estaba normalmente fóra en viaxe de negocios. En 1953 súa filla Robin morreu de leucemia. Ao nacer súa filla Dorothy en agosto de 1959, os Bush aveciñáronse en Houston.

Vida pública

En 1966, George Bush foi elixido como representante no Congreso de Texas. Barbara criou os fillos, mentres seu home facía campaña e nalgunha ocasión foi canda el.

Os Bush celebrando en Houston a elección de George como congresista (1966).

Como esposa dun congresista, Barbara margullouse en diversos proxectos con institucións de caridade e grupos de mulleres republicanas en Washington[3]. Tras perder unha elección para acceder ao Senado, o presidente Richard Nixon nomeou en 1970 a seu esposo embaixador dos Estados Unidos nas Nacións Unidas, o que lle permitiu a Barbara relacionarse en Nova York con destacados diplomáticos. Cando estoupou o escándalo Watergate en 1973, Nixon pediulle a Bush que presidise o Comité Nacional Republicano; Barbara aconselloulle rexeitar a oferta por mor do difícil clima político, pero George finalmente aceptou.

O sucesor de Nixon, Gerald Ford, nomeouno xefe da misión dos Estados Unidos na República popular da China en 1974, e Barbara acompañou a seu home a Beijing. Visitou varias cidades e rexións en bicicleta co seu esposo[3]. En 1976 volveu aos Estados Unidos ao facerse cargo George da dirección da CIA, e ao non poder axudar a seu home, que non podía compartir aspectos clasificados do seu traballo, levárona a unha depresión[8]. Para superala comezou a dar conferencias e charlas sobre tempo que pasara na China e tamén principiou a traballar como voluntaria nun orfanato.

Barbara Bush defendeu a experiencia e cualidades persoais de seu mariddo cando anunciou a súa candidatura para presidente dos Estados Unidos en 1980. Causou escándalo cando dixo que ela apoiaba a ratificación da Emenda da Igualdade de Dereitos e que estaba a favor do dereito da muller a abortar[3] en desacordo coa á conservadora do Partido Republicano que lideraba o gobernador de California Ronald Reagan, que foi quen acabou gañando as primarias presidenciais sobre seu marido, aínda que logo aceptou a invitación do vencedor para ser o seu candidato a vicepresidente e finalmente ese foi o equipo vencedor nas eleccións de 1980.

Segunda dama dos Estados Unidos

A segunda dama Barbara Bush e o vicepresidente coa primeira ministra Margaret Thatcher e Denis Thatcher en Chequers en 1984

Barbara Bush foi durante oito anos a segunda dama dos Estados Unidos, converténdose nunha figura familiar á poboación. Tras ser diagnosticado seu fillo Neil con dislexia, interesouse por cuestións de alfabetización e comezou a traballar con varias organizacións dedicadas a ese ámbito. Pasou moito tempo informándose dos factores que contribuían ao analfabetismo,— cría que tamén os sen teito estaban relacionados [7] —e os esforzos en curso para combater a ambos.[3] Viaxou por todo o país e o mundo co vicepresidente en viaxes oficiais ou ela soa. En 1984 escribiu un libro para nenos, C. Fred 's Story, sobre as aventuras dunha familia vista polo seu cocker spaniel, C. Fred. Doou os beneficios do libro a institucións a prol da alfabetización.

A mediados da década de 1980 Barbara falaba rutineiramente en público para promover cuestións nas que tiña interese e fíxose coñecida polo seu sentido de humor e polo seu enxeño[3]. Durante a campaña presidencial de 1984 converteuse en titular cando lle dixo á prensa que ela non podería expresar na televisión o que pensaba da candidata demócrata á vicepresidencia, Geraldine Ferraro, "aínda que rima con ruta"[9]. Despois de recibir críticas polo seu comentario afirmou que ela non tiña intención ningunha de insultar a Ferraro.[10]

En 1988, o vicepresidente Bush anunciou a súa candidatura para suceder a Reagan na presidencia. Barbara converteuse na terceira cónxugue dun candidato presidencial en falar na convención nacional dun partido, tras Eleanor Roosevelt en 1940 e Pat Nixon en 1972.[3] Prometeu os electores que ía ser un primeira dama tradicional e fixo campaña activamente polo seu marido[7] , xeralmente evitando discusións por cuestións políticas durante a campaña, especialmente aqueas nas que ela e o seu marido diferían. George gañou as eleccións en novembro de 1988 e xurou o 20 de xaneiro de 1989.

Primeira dama dos Estados Unidos

Sra Barbara Bush participando na gravación do programa de televisión Sesame Street en Estados Estudos (1989).
Bush e o gobernador de Missouri John Ashcroft nun xardín de infancia, 1991

Como primeira dama dedicou os seus maiores esforzos á alfabetización familiar".[11] Participou en moitas organizacións e comités de alfabetización e de lectura e axudou a desenvolver o Barbara Bush Foundation for Family Literacy.[12] en apoio de programas onde pais e cativos aprendesen xuntos. , apoiando programas onde os pais e os seus nenos pequenos son capaces de aprender xuntoss. Barbara apareceu en The Oprah Winfrey Show e regularmente en Sra Mrs. Bush's Story Time, un programa de radio nacional que salientou a importancia da lerlles en voz alta aos nenos.[3]

Tamén apoiou a liberdade de abortar, os dereitos LGBT , civís, e a conciencia coa SIDA .[13][14]

O presidente Bush e a primeira dama agardan a chegada dun Xefe de Estado na Casa Branca.

Traballou na White House Historial Association e loitou para revitalizar a White House Preservation Fund, ao que lle cambiou o nome White House Endowment Trust para conseguir fondos para a rehabilitación e restauración da Casa Branca. logrando o obxectivo de recadar 25 millóns de dólares.

Bush durante o discurso no Wellesley College, en 1990, iacompañada por Raise Gorbacheva, esposa do presidente soviético Mikhail Gorbachev.

Salientable foi o seu discurso de graduación do Wellesley College de 1990, considerado o 45 mellor discurso retórico do século XX.[15]

A primeira dama visitaspacientes nun hospital infantil en Washington, D. c., 1990

Durante a campaña presidencial de seu marido en 1992 presidencial campaña, Barbara Bush afirmou que o aborto e a homosexualidade eran asuntos persoais e argumentou que o Partido Republicano non debía tomar unha posición sobre eses asuntos."[16]

En marzo de 1989, revelou que sufría a enfermidade de Graves-Basedow que é unha tiroidite; a condición afectaba tamén a seu marido.[17] .[18]


Despois da Casa Branca

George perdeu as eleccións para a reelección fronte a Bill Clinton. Despois de deixar a Casa Branca, a parella residiu River Oaks no estado de Texas e en Kennebunkport en Maine.


O presidente George W. Bush e súa nai, Barbara, preparados para subir a bordo do Air Force One en 2005

Bush intentou convencer o seu fillo George W. Bush para non presentar a súa candidatira para gobernador de Texas en 1994 convencida de que non sería quen de derrotar a Ann Richards, pero resultou vitorioso.[19]

Barbara fixo campaña por seu fillo George W. Bush tras anunciar que concorría na campaña presidencial en xuño de 1999.

Varias escolas levan o seu nome, tres escolas primarias e dúas escolas de ensino medio en Texas e unha escola primaria en Mesa, Arizona. Serviu no consello de AmeriCares e

na Clínica Mayo, e dirixiu a Barbara Bush Fundation for Family Literacy.

George e Barbara Bush asistindo á cerimonia de bautismo do portaavións USS George H.W. Bush en outubro de 2006
A exprimeira dama First Barbara Bush na LBJ Presidential Library en 2012
Barbara Bush (segunda pola dereita) con Michelle Obama, Laura Bush, Hillary Clinton, e Rosalynn Carter na apertura do George W. Bush Presidencial Center en Dallas en 2013

Barbara opúxose inicialmente a que seu fillo Jeb presentara a candiatura á presidencia, xa tivemos Bush abondo.[20]

Así e todo, mudou de postura e apareceu en anuncios apoiándoo e en febreiro de 2016 fixo campaña por el en Nova Hampshire.[21][22]


Barbara tiña a súa propia opinión de Donald Trump, o rival de Jebpara o nomeamento. Dixo que non podía entender como había mulleres que puidesen votar a alguén que dixo o que dixo sobre Megyn Kelly".[23][24]

Enfermidades e morte

Diagnosticáronlle a enfermidade de Graves en 1988. Tamén sufría a insuficiencia cardíaca conxestiva e enfermidade pulmonar obstrutiva crónica.[25] Foi unha gran fumadora durante 25 anos pero deixou de fumar en 1968, cando unha enfermeira lle chamou a atención por fumar no seu cuarto de hospital despois dunha cirurxía.[26]


En novembro de 2008 hospitalizárona por dor abdominal e sometérona unha cirurxía do intestino delgado.[27] Ela marzo de 2009 cambíaronlle a válvula aórtica.[28]

Na vespora do Aninovo de 2013 hospitalizárona por pneumonía e éronlle da alta uns días máis tarde.[29][30]

O 15 de abril de 2018, a súa familia emitiu un comunicado indicando que tiña unha súa saúde debilitada pero que ela escollera estar estar na casa coa familia.[31][32] Segundo a o voceiro da familia, Jim McGrath, a súa era consecuencia dunha serie de hospitalizacións recentes.[33][34]

Bush morreu na súa casa de Houston á idade de 92 o 17 de abril de 2018.[25][35] O presidente Donald Trump ordenou que as bandeiras a ondeasen a media hasta en memoria de Barbara Bush memoria,[36][37] e tanto el como a primeira dama Melania Trump enviaron condolencias en nome da nación [38] Os expresidentes Jimmy Carter,[39] Bill Clinton,[40] Barack Obama,[41] e o senador John McCain tamén enviaron as súas condolencias.[42] Algúns líderes estranxeiros, como a raíña Isabel II do Reino Unido, o primeiro ministroc anadense Justin Trudeau ou o tresidente ruso, Vladimir Putin tamén enviaron condolencias.[43][44]

O seu funeral tivo lugar na Igrexa Episcopal de San Martiño en Houston o 21 de abril de 2018, e soterrárona na George Bush Presidential Library en College Station, Texas.[45][46] Os expresidentes Barack Obama, George W. Bush (fillo), Bill Clinton e George H. W. Bush (home), e as primeiras damas Melania Trump, Michelle Obama, Laura Bush (nora) e Hillary Clinton tamén asistiron ao servizo.[47] Jeb Bush e o bi�ógrafo e historiador presidencial Jon Meacham foron os encargados de ler os eloxios. Tamén estaban presentes o exprimeir ministros británico John Major e o canadense Brian Mulroney[48] . O día seguinte houbo que hospitalizar a seu home por unha infección que derivou en sepsticemia.

e morreu sete meses despois, o 30 de novembro de 2018.

Notas

  1. "Barbara Pierce Bush". whitehouse.gov. 
  2. "Barbara Bush, matriarch of Bush dynasty, dies at 92". politico.com. 17 de abril de 2018. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 "First Lady Biography: Barbara Bush". fristladies.org. 
  4. ""Former first lady Barbara Bush dies at age 92, grew up in Rye"". lohud.com. 17 de abril de 2018. 
  5. "Barbara Bush Fast Facts". cnn. 26 de decembro de 2012. 
  6. Bush, Barbara (1994) Barbara Bush: A Memoir. New York: Scribner, p. 16
  7. 7,0 7,1 7,2 "Barbara Bush". biography.com. 
  8. http://articles.philly.com/1990-05-22/news/25886573_1_barbara-bush-doggie-bag-volunteer-work.  Falta o |title= (Axuda)
  9. Orixinalmente, en inglés, a palabra rima con rich Simpson's Contemporary Quotations, compiled by James B. Simpson. 1988. Bartleby
  10. "Barbara Bush: Devoted wife, mother, grandmother, and CEO]". The Boston Globe. 18 de abril de 2018. 
  11. https://obamawhitehouse.archives.gov/1600/first-ladies/barbarabush.  Falta o |title= (Axuda)
  12. http://www.rolemodel.net/barbarabush.cfm.  Falta o |title= (Axuda)
  13. https://www.whitehouse.gov/articles/sweeping-legacy-first-lady-barbara-bush/.  Falta o |title= (Axuda)
  14. http://www.firstladies.org/biographies/firstladies.aspx?biography=42.  Falta o |title= (Axuda)
  15. https://www.americanrhetoric.com/top100speechesall.html.  Falta o |title= (Axuda)
  16. https://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/northamerica/usa/us-politics/8118079/George-W-Bush-became-opposed-to-abortion-when-mother-showed-him-dead-foetus-in-jar.html.  Falta o |title= (Axuda)
  17. http://articles.latimes.com/1989-03-30/news/mn-877_1_barbara-bush.  Falta o |title= (Axuda)
  18. https://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9D0CE6DB113BF93AA15756C0A967958260.  Falta o |title= (Axuda)
  19. Natfali, p. 159.
  20. http://thehill.com/blogs/blog-briefing-room/news/245650-barbara-bush-bashes-son-jeb-youre-not-my-favorite.  Falta o |title= (Axuda)
  21. http://www.cbsnews.com/news/barbara-bush-to-campaign-for-jeb-bush-in-new-hampshire/.  Falta o |title= (Axuda)
  22. http://www.cnn.com/2016/01/29/politics/barbara-bush-jeb-campaigning-new-hampshire/index.html.  Falta o |title= (Axuda)
  23. http://townhall.com/tipsheet/cortneyobrien/2016/02/05/barbara-bush-trump-cant-be-president-after-what-hes-said-about-women-n2115291.  Falta o |title= (Axuda)
  24. http://abcnews.go.com/Politics/barbara-bush-brings-flair-jebs-hampshire-campaign/story?id=36745339.  Falta o |title= (Axuda)
  25. 25,0 25,1 http://www.newsweek.com/what-chronic-obstructive-pulmonary-disease-barbara-bush-dies-92-886515.  Falta o |title= (Axuda)
  26. https://www.goodhousekeeping.com/health/a19829613/did-barbara-bush-smoke-copd.  Falta o |title= (Axuda)
  27. http://www.foxnews.com/politics/2008/11/25/lady-barbara-bush-taken-hospital-tests/.  Falta o |title= (Axuda)
  28. http://politicalticker.blogs.cnn.com/2009/03/13/barbara-bush-leaves-the-hospital.  Falta o |title= (Axuda)
  29. http://usnews.nbcnews.com/_news/2013/12/31/22127483-former-first-lady-barbara-bush-hospitalized-for-respiratory-related-issue.  Falta o |title= (Axuda)
  30. http://www.latimes.com/nation/nationnow/la-na-nn-barbara-bush-hospital-release-20140104,0,4286225.story.  Falta o |title= (Axuda)
  31. . ISSN 0362-4331 https://www.nytimes.com/2018/04/15/us/politics/barbara-bush-ill.html.  Falta o |title= (Axuda)
  32. https://www.npr.org/sections/thetwo-way/2018/04/15/602650632/former-first-lady-barbara-bush-in-failing-health-not-seeking-further-treatment.  Falta o |title= (Axuda)
  33. https://www.cnn.com/2018/04/15/politics/barbara-bush-health/index.html.  Falta o |title= (Axuda)
  34. http://abcnews.go.com/Politics/wireStory/spokesman-lady-barbara-bush-failing-health-54483710.  Falta o |title= (Axuda)
  35. http://abcnews.go.com/US/lady-barbara-bush-dies-age-92/story?id=54490037.  Falta o |title= (Axuda)
  36. https://www.cnn.com/2018/04/17/politics/barbara-bush-flag-half-staff-condolence-book-funeral/index.html.  Falta o |title= (Axuda)
  37. http://www.al.com/news/index.ssf/2018/04/flags_fly_at_half_staff_for_ba.html.  Falta o |title= (Axuda)
  38. https://twitter.com/realDonaldTrump/status/986430103075868672.  Falta o |title= (Axuda)
  39. https://www.ajc.com/news/jimmy-and-rosalynn-carter-mourn-passing-barbara-bush/fQ0JE8aUmKYgimhMTSIGVJ/.  Falta o |title= (Axuda)
  40. https://www.voanews.com/a/top-us-political-figures-pay-tribute-to-former-first-lady-barbara-bush/4354445.html.  Falta o |title= (Axuda)
  41. https://twitter.com/BarackObama/status/986405191711944704.  Falta o |title= (Axuda)
  42. http://thehill.com/blogs/blog-briefing-room/383665-family-friends-mourn-death-of-barbara-bush.  Falta o |title= (Axuda)
  43. http://www.chicagotribune.com/news/nationworld/ct-barbara-bush-death-reaction-20180418-story.html.  Falta o |title= (Axuda)
  44. http://abcnews.go.com/Politics/wireStory/latest-kuwaiti-leader-sends-condolences-bush-family-54553474.  Falta o |title= (Axuda)
  45. https://www.chron.com/news/houston-texas/houston/article/Funeral-information-for-Barbara-Bush-has-been-12842950.php.  Falta o |title= (Axuda)
  46. https://nypost.com/2018/04/21/presidents-pay-their-respects-as-barbara-bush-is-laid-to-rest/.  Falta o |title= (Axuda)
  47. http://abcnews.go.com/US/barbara-bush-funeral-today-trump-melania-presidents/story?id=54630500.  Falta o |title= (Axuda)
  48. http://amp.ktvu.com/news/guest-list-and-rundown-of-former-first-lady-barbara-bushs-funeral.  Falta o |title= (Axuda)