Saltar ao contido

LEGO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de novembro de 2011 ás 17:15 por Luckas-bot (conversa | contribucións) (r2.7.1) (Bot: Engado: is:LEGO)

LEGO é a denominación que se dá a unha serie de xoguetes que teñen como elemento principal uns bloques de plástico interconectábeis. A compañía LEGO, a súa fabricante, é dinamarquesa con base en Billund, Dinamarca. Foi fundada no ano 1916 polo carpinteiro Ole Kirk Christiansen e dende 1934 pasou a chamarse LEGO, coa contracción das palabras dinamarquesas "LEg GOdt" (xogue ben).

Historia

Ole Kirk Christiansen abriu un taller en 1916 que funcionou como obradoiro ordinario até 1932 cando empezou a facer xoguetes de madeira. En 1947 foi creado o primeiro xoguete de plástico.

Números da compañía

  • 1939: 10 empregados.
  • 1943: Aproximadamente 40 empregados.
  • 1948: Aproximadamente 50 empregados.
  • 1965: As primeiras vendas no Estado Español.
  • 1966: LEGO véndese en 42 países.
  • 1974: Estabelécese LEGO España.
  • 1983: 3.700 empregados a nivel mundial.
  • 1991: 7.550 empregados a nivel mundial.
  • 1996: Aparece a páxina web lego.com.[1]

Notas