Carmen Fariña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1942 (82 anos) Brooklyn, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Fordham (pt) |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
Lingua | Lingua castelá |
Carmen Fariña, nada co apelido Guillén o 5 de abril de 1943, en Brooklyn, Nova York, é a reitora das Escolas da Cidade de Nova York e xefa do Departamento de Educación.[1] O anuncio da súa elección por parte do alcalde Bill de Blasio produciuse o 30 de decembro de 2013. É a primeira reitora das Escolas de Nova York que conta co experiencia previa en supervisión de escolas dende Rudy Crew.[1] Fariña foi mestra, directora, superintendente, e vicerreitora de Ensino e Aprendizaxe dende 2004 até 2006.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de pais galegos que marcharon de España durante a guerra civil, Fariña era a única falante de castelán no xardín de infancia e aprendeu inglés na escola. A barreira da lingua era tan grave que a mestra de Fariña "marcou ausencias todos os días durante seis semanas porque Carmen, que daquela tiña o apelido Guillén, non respondía á mestra cando chamaba por Quillan durante a rolda da mañá."[2]
Foi a primeira persoa na súa familia que estudou na universidade. É graduada en ciencias pola Universidade de Nova York e fixo tres mestrías: Brooklyn College (Educación bilingüe), Universidade de Fordham (Gifted/Arts Education) e Universidade Pace (Administración e Supervisión).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Hernández, Javier C. (29 de decembro de 2013). "Veteran of City School System Is Said to Be Next Chancellor". The New York Times (Nova York: The New York Times Company). Consultado o 2 de xaneiro de 2014.
- ↑ Hartocollis, Anemona (24 de febreiro de 1999). "In School; A principal with a will of steel makes a public school as prestigious as a private one". The New York Times (Nova York: The New York Times Company). Consultado o 4 de setembro de 2015.