Saltar ao contido

Rachel Abbott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de abril de 2023 ás 21:27 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «thriller»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Infotaula de personaRachel Abbott

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Manchester, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSheila Rodgers
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria, novela psicolóxica, suspense, análise de sistemas (pt) Traducir e thriller (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista , escritora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSuspense Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata

Páxina webrachel-abbott.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: RachelAbbott1Writer Twitter: RachelAbbott Instagram: rachelabbottwriter Youtube: UCBGhe13fAfs960CgbE_Ok1g Pinterest: rachelabbott1 BNE: XX5342989 Editar o valor en Wikidata

Rachel Abbott, nada en Manchester en 1952, é unha escritora británica de suspense psicolóxico, máis coñecida polo pseudónimo de Sheila Rodgers.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Abbott creceu preto de Manchester.[2] Traballou como analista de sistemas, e fundou unha compañía de medios de comunicación interactiva, desenvolvendo software e webs para o mercado do ensino. Non ano 2000 vendeu a compañía por uns 5 millóns de £. Despois desta venda trasladouse de Lancashire a Italia, onde restaurou un mosteiro do século XV que ela e o seu marido explotaron como local para vodas e vacacións.[3]

En 2009 Abbott decidiu escribir un libro sobre unha muller de clase media, posta nunha situación onde non tiña outra opción que a de cometer un asasinato. Escribiu o primeiro borrador en 18 meses.[4] En novembro de 2011, despois de ser rexeitada por varios axentes literarios, Abbott, entón con 59 de idade, autopublicou a súa primeira novela, Only the Innocent, en Amazon, baixo o seu pseudónimo. O libro vendeuse lentamente ao principio, despois dunha campaña bastante forte de mercadotecnia.[5]

Abbott seguiu despois de Only the Innocent en 2013 con The Back Road e en 2014 con Sleep Tight. A súa cuarta novela, Stranger Child, foi publicada en febreiro de 2015. Máis tarde ese mesmo ano, publicou Nowhere Child, que ten os mesmos personaxes de Stranger Child. Os cincos libros céntranse nas relacións e a delincuencia, e todos presentan ao mesmo detective, o inspector xefe Tom Douglas. Abbott describiu o personaxe como «un bo tipo realmente honesto, que unicamente parece ser atraído polas mulleres incorrectas».[6]

  • Only the Innocent (2011)
  • The Back Road (2013)
  • Sleep Tight (2014)
  • Stranger Child (2015)
  • Nowhere Child (2015)
  • Kill Me Again (2016)
  • The Sixth Window (2017)