Acarnas
Nomeado en referencia a | Acharnae (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Axencia gobernamental | Decentralized Administration of Attica (en) | ||||
Periferias | Periferia de Ática | ||||
Unidades periféricas | Ática Oriental (pt) | ||||
Concello | Acharnes Municipality (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 100.857 (2021) | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 186 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 136 xx | ||||
Prefixo telefónico | 210 | ||||
Páxina web | acharnes.gr |
Acarnas (en grego Αχαρνές, en katharevousa Αχαρναί, tamén coñecido como Μενίδι Menidi) é un municipio de Grecia que está situado na área metropolitana de Atenas. É o máis poboado da Ática oriental. Gran parte da zona norte está ocupada por bosques de Parnitha. O municipio está situado ao norte do Gran Anel de Atenas, a 10 km ao norte.
Historia antiga
[editar | editar a fonte]Na Grecia antiga, Acarnas (en grego Ἀχαρναί, Akharnaí, plural) era o máis extenso dos demos do Ática[1] situado ao pé do monte Parnés, a 60 estadios ao norte de Atenas[2]. É o territorio da tribo Enea.
Acarnas é citado por Píndaro na súa Segunda Nemea (v. 16–17), dedicada a Timodemus, orixinaria desta demo e gañadora dun concurso de pancración. Terra fértil, Acarnas producía cereais, viño e aceite de oliva. Durante a Guerra do Peloponeso, o demo proporcionou 3.000 hoplitas, é dicir, unha décima parte do exército cívico. Foi arrasada en 431 a. C. no transcurso da invasión do Ática polas tropas espartanas dirixidas polo rei Arquídamo II[3].
Foi un dos escenarios dun combate entre as tropas do demócrata Trasíbulo e os lacedemonios que apoiaron aos Trinta Tiranos durante a Guerra Civil ateniense[4].
Fíxose famosa pola comedia de Aristófanes Os acarnienses (425 a. C., primeiro premio das Leneas), que pon en escena a un cidadán apaixonado pola paz, Dicéópolis, en desacordo cos belicosos acarnianos, representados burlonamente como carboeiros.
Pausanias menciona o culto en Acarnas de Apolo Agieus, Heracles, Atenea Hygiea, Atenea Hipica, Dioniso Melpómeno e Dioniso Kisón. Tamén sinala a tradición de que foi o primeiro lugar no que Dioniso creou a hedra[5].
Unha inscrición de finais do século IV a. C. é posíbel que mencionase a existencia dun teatro en Acarnas[6]. En febreiro de 2007, os traballos desenterraron unha parte do antigo teatro[7], concretamente as bancadas de koilon.
Colección de fotos da tumba abovedada micénica
[editar | editar a fonte]-
O corredor e a entrada
-
A entrada
-
Plano da tumba de Menidi
-
Achados no Museo Arqueolóxico Nacional
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tucídides, II, 19, 2.
- ↑ Tucídides, II, 21, 2.
- ↑ Tucídides, II, 10–23 e Plutarco, Pericles, XXXIII.
- ↑ Diodoro Sículo XIV,32-33.
- ↑ Pausanias I,31,6.
- ↑ Inscriptiones Graecae II² 1206
- ↑ "Αρχαίο θέατρο έφερε στο φως εκσκαφή για τη θεμελίωση πολυκατοικίας στο Μενίδι". in.gr (en grego). 2007-02-15. Consultado o 2022-07-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acarnas |