Saltar ao contido

Víctor Moscoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Moscoso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Oleiros, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de banda deseñada , artista de banda deseñada , deseñador Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webvictormoscoso.com Editar o valor en Wikidata

Victor Moscoso, nado en Oleiros o 28 de xullo de 1936[1], é un artista estadounidense, recoñecido pola súa produción psicodélica e cómics underground nos anos 60 e 70 en San Francisco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De orixe galega[2], estudou primeiro na Cooper Union de Nova York, logo na Universidade Yale e despois no Instituto de Arte de San Francisco, onde tamén foi mestre.

Moscoso foi o primeiro artista con formación académica e experiencia que se expresou con pósters rock, sendo tamén dos primeiros que usou fotos nas súas obras. Viuse influenciado por pintores como Josef Albers, un dos seus mestres en Yale.

As súas pezas son incluídas tanto en obras de músicos de sona internacional como en animacións para a televisión polas cales recibiu numerosos premios, ao igual que o seu traballo en cómics underground.

Reside en San Francisco.

  1. Gary Groth (9 de febreiro de 2011). "An Interview with Victor Moscoso". The Comics Journal (en inglés). 
  2. Adrián G. (19 de setembro de 2021). "Víctor Moscoso. O pai galego da psicodelia". A que cheira, papá?. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]