Vergara, Cundinamarca
Vergara é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Gualivá, a 112 km ó noroeste de Bogotá. Ten unha extensión de 146 km², atópase a unha altitude de 1.510 ms.n.m., e a temperatura media anual é de 19 °C.[1]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 146 km² | |||
Altitude | 1.384 m | |||
Páxina web | vergara-cundinamarca.gov.co… |
Historia
editarA finais do século XVIII, os mineiros dos sitios de Flandes, Pinzayma, La Meseta, Guatayma, Periquito e Armadillos non tiñan parroquia nin sacerdote permanente, polo que as autoridades decidiron construír unha igrexa xunto á facenda "Vergara". A nova parroquia foi recoñecida polas autoridades relixiosas o 5 de xaneiro de 1799, co nome de Santa Bárbara de Vergara. Axiña se formou unha poboación arredor da igrexa, que foi ratificada co nome de Vergara o 12 de decembro de 1800. O primeiro bautizo rexistrouse nos libros parroquiais o 14 de xuño de 1803. O primeiro párroco foi o Feliciano Mariño. Vergara foi consagrada a Santa Bárbara como a súa patroa.[2][3]
Notas
editar- ↑ Municipios.com - Cundinamarca - Vergara
- ↑ Departamento de Cundinamarca. Municipio de Vergara. Plan de desarrollo 2008-2011, p. 8
- ↑ www.diocesisfacatativa.org / Parroquia de Santa Bárbara de Vergara Arquivado 06 de agosto de 2019 en Wayback Machine. Consultado o 6 de agosto de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vergara, Cundinamarca |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 01 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)