Aryabhata II
Nome orixinal | (sa) आर्यभट्टाचार्य |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (sa) आर्यभट्टा c. 920 Subcontinente indio |
Morte | c. 1000 (79/80 anos) Subcontinente indio |
Actividade | |
Ocupación | matemático , astrónomo , astrólogo |
Obra | |
Obras destacables
|
Āryabhaṭa II, nado contra o 920 e finado contra o 1000, foi un matemático e astrónomo indio, autor do Maha-Siddhanta. O numeral II emprégase para distinguilo do máis antigo e máis influente Aryabhata (ou Āryabhaṭa I).
O Mahasidhanta
[editar | editar a fonte]A máis famosa obra de Aryabhatta II foi o Mahasiddhanta, tratado en dezaoito capítulos escrito en verso, en sánscrito. O doce primeiros capítulos tratan asuntos relacionados cos coñecementos matemáticos e astronómicos indios até o período no que foi escrito, como as lonxitudes dos planetas, as eclipses lunares e solares, a precisión das eclipses, as fases da Lúa, as saídas e ocasos dos planetas, e a asociación dos planetas entre eles e coas estrelas.
Os seguintes seis capítulos inclúen temas de xeometría, xeografía e álxebra, aplicados para o cálculo das lonxitudes dos planetas. Nuns vinte versos dá regras elaboradas para resolver a ecuación indeterminada by = ax + c. Estas regras aplícanse diferentes caso como cando c ten valor positivo, ou cando c é negativo, cando é enteiro, e cando é fraccionario etc.
Outras contribucións ás Matemáticas
[editar | editar a fonte]Aryabhata II tamén describiu un método para calcular a raíz cúbica dun número; método que xa propuxera Aryabhata I moitos anos antes. Os matemáticos indios tiñan correctas táboas de senos que xogaban un importante papel para calcular as posicións dos planetas o máis aproximadamente posíbel. Aryabhatta II xogou un vital papel na construción de táboas de senos, que proporcionaban até cinco decimais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- MacTutor. Univ. of St. Andrew. Biografía de Aryabhata II (en inglés)
- Thomas Hockey et al. (2007): Vagiswari, A. Āryabhaṭa II The Biographical Encyclopedia of Astronomers. Nova York: Springer. Aryabhata II (versión PDF)