Buton
Buton | |
---|---|
Pazo de Buton en 1930 | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Provincia | Sulawesi Tenggara |
Arquipélago | Célebes |
Mar | Mar de Banda |
Coordenadas | 5°3′S 122°53′L / -5.050, -122.883Coordenadas: 5°3′S 122°53′L / -5.050, -122.883 |
Xeografía | |
Superficie | 4.408 km² |
Longura máxima | 150 km. |
Largura máxima | 60 km. |
Punto máis alto | 1.190 m. Wani, Buton |
Demografía | |
Capital | Bau-Bau (pob. 137,118) |
Poboación | 447.408 (2010) |
Lingua propia | Wolio, Cia-cia |
Buton (tamén coñecida como Butung ou Boeton), é unha illa de Indonesia, que se atopa preto da costa da península suroriental de Sulawesi. Pertence á provincia de Célebes Suroriental.
Historia
[editar | editar a fonte]En tempos precoloniales, a illa, entón coñecida como Butung, atopábase na área de influencia de Ternate. Especialmente no século XVI servía como segundo centro rexional do imperio, contralando o comercio rexional e recadando impostos que eran enviados a Ternate.
Porto Murhum, en Bau-Bau, é o principal porto da illa, leva o seu nome en recordo de Sultán Murhum, o primeiro gobernante islámico da illa
Xeografía
[editar | editar a fonte]A maior cidade da illa é Bau-Bau, onde se falan as linguas Wolio e Cia-Cia. As principais illas próximas son Wowoni ao norte, Muna e Kabaena ao oeste e Siumpu ao suroeste. As illas Tukangbesi, das que o golfo de Kolowana Watabo (Teluk Kolowana Watabo) separa a Buton atópanse ao oeste. Nelas fálase a lingua Tukang Besi.
A illa de Batuatas atópase ao sur. O paso de Bouton (como se coñecía antes da independencia) era unha importante canle de navegación no norte do mar de Flores.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]A illa está cuberta por selva tropical e é famosa pola súa fauna. É un dos únicos dous hábitats do anoa, un tipo de búfalo.
Poboación
[editar | editar a fonte]A tribo Cia-Cia da cidade de Bau-Bau utiliza o alfabeto coreano Hangeul para o seu idioma. A alfabetización baseouse en textos do Instituto de Investigación Hunminjeongeum, unha sociedade lingüística de Seúl.
Economía
[editar | editar a fonte]A illa xera unha gran produción de asfalto e outros minerais.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buton |