Saltar ao contido

Hydra (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hydra
Hydra
Nome latino Hydra
Abreviatura Hya
Xenitivo Hydrae
Simboloxía A Hydra
Ascensión recta 8-15h h
Declinación −20°
Área 1303 graos cadrados

Rango 1º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

2
Estrela máis brillante Alfard (α Hya)

(magnitude ap. 1.98)

Choiva de meteoros

Alpha Hydridas
Sigma Hydridas

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +54° e −83°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril

Hydra ou Hidra femia[1] é a meirande das 88 constelacións modernas, e foi unha das 48 constelacións que Tolomeo catalogou. Non debe ser confundida con Hydrus.

Características notables

[editar | editar a fonte]

Hidra é a constelación moderna máis grande, cunha área de 1303 graos cadrados. A pesar da súa extensión, en Hidra hai só unha estrela bastante brillante, Alfard (α Hya, 30 Hya), de magnitude aparente 1,98.

R Hydrae é unha estrela variable Mira, que cambia dende magnitude 3.5 (neses momentos é visible a simple vista) ata 10.9, cando acada esta magnitude só pode ser observada cun telescopio.

Hai varias estrelas dobres interesantes en Hydra. Epsilon Hydrae (ε Hya) é unha estrela binaria con compoñentes de magnitudes 3.3 e 6.8, separadas por 2.7 segundos de arco. N Hydrae (N Hya) é unha parella de estrelas con magnitudes 5.8 e 5.9. Struve 1270 (Σ1270) é outra estrela dobre con magnitudes 6.4 e 7.4.

Nesta constelación tamén está a fonte de radio Hydra A.

Estrelas con nome propio:
  • Alfard [Alphard, Kalbelaphard] ou Cor Hydrae (30/α Hya) 1.99
    < قلب الفرد qalb al-fard Corazón do solitario
  • Minhar al Shija [Al Minliar al Shuja, Minchir] (5/σ Hya) 4.45
    < منخر الشجاع minxar aš-šugac: Fosa nasal da serpe (lit. valente)
  • Ukdah (31/τ1 Hya) 4.59 ou (32/τ2 Hya) 4.54
    < عقدة cuqdah
Estrelas con designación de Bayer:
Estrelas con designación de Flamsteed:
Outras estrelas notables:

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]
Constelacións de Hydra, Corvus e Crater.

A constelación Hydra aparece coma unha serpe retorcéndose, e así aparece nalgúns mitos gregos. Na mitoloxía grega, Apolo ten coma servente a un corvo. Envíao a buscar auga, pero este descansa na viaxe para pillar uns figos dunha figueira e, cando finalmente recolle a auga nunha crátera (vasilla ou cunca), trae tamén unha serpe de auga, coma escusa pola súa tardanza. Segundo o mito, Apolo dáse de conta do engano e enfadado, lanza ó corvo, a crátera e a serpe ó ceo. A orixe da lenda podería vir da proximidade desta constelación coas de Crater, e Corvus.

A Hydra foi tamén asociada ó mito da Hidra de Lerna (vencida por Heracles nunha das doce tarefas de Heracles). A súa posición no ceo (baixo a eclíptica) e xunto á constelación Cáncer (preto da súa cabeza) pode se-la orixe de parte do mito.

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]