Illa de Chipre
Chipre | |
---|---|
Κύπρος (grego), Kıbrıs (turco) | |
Localización de Chipre en Europa | |
Cyprus_location_map.svg Mapa topográfico de Chipre | |
Situación | |
País | Chipre ; Recoñecido por Turquía, Chipre do Norte |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | Coordenadas: 35°N 33°L / 35, 33 |
Xeografía | |
Superficie | 9.251 km² km² |
Longura máxima | 240 km |
Largura máxima | 100 km |
Demografía | |
Capital | Nicosia |
Poboación | Aprox. 1.189.265 (2019) |
Densidade | 128,7 hab./km² (2019) hab./km² |
Xentilicio | chipriota |
Lingua propia | grego, turco |
Chipre é unha illa mediterránea fronte ás costas de Siria e Turquía. É a terceira illa máis grande do mar Mediterráneo; Sicilia e Sardeña son máis grandes. É un pouco maior que Porto Rico. Chipre formou parte de diversos estados e imperios, por exemplo o Imperio Bizantino durante centos de anos. O deus grego Afrodita era de Chipre.
Xeografía e historia da illa
[editar | editar a fonte]Xeograficamente, forma parte de Asia e de Oriente Medio, pero por razóns políticas, ás veces considérase parte de Europa.
A illa foi grega durante miles de anos de historia rexistrada documentalmente, e moitos imperios gobernaron Chipre, incluíndo Asiria, o Antigo Exipto, Persia, o imperio de Alexandre o Grande, o Imperio Romano, os imperios bizantinos, os califatos árabes durante un breve período, Francia, a República de Venecia e o Imperio Otomán.
Administración política
[editar | editar a fonte]Chipre descríbese a miúdo como un "portaavións insomerxíbel" debido á súa posición estratéxica no Mediterráneo oriental.[1]
Hai dous Estados na illa:
- A República de Chipre (recoñecida internacionalmente) tamén forma parte da Unión Europea. A maior parte do mundo considera que toda a illa é a República de Chipre. O grego é a lingua máis falada na República de Chipre.
- A República Turca do Norte de Chipre é a parte norte da illa. O único Estado-nación que recoñece esta entidade é Turquía.
Estes Estados están separados por unha zona tampón, que está controlada polas Nacións Unidas. Ademais dos dous países, hai na illa os territorios de Akrotiri e Dhekelia, dúas áreas da zona sur que están baixo control británico e que se utilizan como bases militares.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Friday; July 10; 2020 (2020-07-10). "Cyprus Peace Council warns against island becoming aircraft carrier for imperialism after US military education plans unveiled". Morning Star (en inglés). Consultado o 2023-10-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Chipre |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Chipre - Estado membro da UE
- Chipre do Norte - República Turca do Norte de Chipre
- Cibrán/Cibrao- nome galego, con moitas variantes noutras linguas, que provén do xentilicio da illa
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |