Kenneth Noland
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1924 Asheville, Carolina do Norte, Estados Unidos de América |
Morte | 5 de xaneiro de 2010 (85 anos) Port Clyde, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | cancro de ril |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Black Mountain College |
Actividade | |
Campo de traballo | Arte abstracta e artes visuais |
Ocupación | pintor , profesor universitario , gravador |
Período de actividade | 1949 - 1999 |
Empregador | Universidade Católica de América |
Membro de | |
Xénero artístico | Arte abstracta |
Movemento | Arte abstracta e Expresionismo abstracto |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Representante | Pace Gallery (en) , Artists Rights Society e Almine Rech Gallery (en) |
Carreira militar | |
Conflito | Segunda guerra mundial |
Participou en | |
27 de xuño de 1968 | Documenta 4 |
Familia | |
Cónxuxe | Paige Rense |
Fillos | Cady Noland (pt) |
Premios | |
Kenneth Noland, nado en Asheville o 10 de abril de 1924, e finado o 5 de xaneiro de 2010, foi un pintor abstracto estadounidense, un dos máis importantes cultivadores do estilo color field.[1] Tamén, nos anos cincuenta, practicou o expresionismo abstracto, e nos anos sesenta, o minimalismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1946 e 1948, Noland asistiu a clases no Black Mountain College. Identifícase como un expresionista abstracto. Amigo de Morris Louis, ambos adoptaron a técnica de Helen Frankenthaler de deixar gotear a pintura acrílica sobre o lenzo.
Noland traballa con pintura acrílica aplicada directamente ao lenzo, creando obras cuxas cores brillantes xustapostas producen unha sensación de vibración óptica.
Os seus temas principais son círculos concéntricos, chevrons, rombos e longas listas paralelas, deixando a miúdo grandes espazos de lenzo en branco como parte integrante da composición.
Interésalle a adaptación das zonas coloreadas aos límites do marco do cadro.
En canto aos formatos das súas obras, destacan as diagonais e os enormes lenzos rectangulares a base de franxas de cor superpostas.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cf. Roberta Smith, «Kenneth Noland, Color Field Artist, Is Dead at 85», en artsbeat.blogs.nytimes.com, 5-1-2010.
- ↑ "Kenneth Noland." Contemporary Artists, 4ª ed. St. James Press, 1996. Biography Resource Center. Farmington Hills, Mich.: Thomson Gale. 2005 (Inglés)
- ↑ Kenneth Noland en a Artcyclopedia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kenneth Noland Arquivado 07 de marzo de 2023 en Wayback Machine. (en inglés)