Saltar ao contido

Luis Carrero Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Carrero Blanco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Santoña, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de decembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Fourth professed house in Madrid (España franquista) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio, dispositivo explosivo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Mingorrubio - O Pardo Editar o valor em Wikidata
Presidente do Goberno de España
9 de xuño de 1973 – 20 de decembro de 1973
← Francisco FrancoTorcuato Fernández-Miranda →
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 21 de decembro de 1973 – Gabriel Pita da Veiga y Sanz, Torcuato Fernández-Miranda, José María Gamazo, Carlos Arias Navarro →
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Vicepresidencia do Goberno de España
1967 – 9 de xuño de 1973
← Agustín Muñoz Grandes (en) TraducirTorcuato Fernández-Miranda →
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
← Agustín Muñoz Grandes (en) Traducir
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Procurador en Cortes
1943 – 1946 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGinés de Buitrago
Juan de la Cosa Editar o valor em Wikidata
Residenciacalle de los Hermanos Bécquer Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArmada e política Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónveterano (pt) Traducir , almirante , político , oficial da armada , estadista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS
Falange Española Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada Española Editar o valor em Wikidata
Rango militaralmirante
Capitán Xeneral da Real Armada Española Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española e Guerra do Rif Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Pichot Villa (1929–1973)
FillosLuis Carrero-Blanco Pichot Editar o valor em Wikidata
PaiCamilo Carrero Gutiérrez Editar o valor em Wikidata
ParentesAlberto Martín-Artajo Álvarez (consogro (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX899271 Find a Grave: 11626728 Editar o valor em Wikidata

Luis Carrero Blanco, nado en Santoña, Cantabria, o 4 de marzo de 1904 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1973, foi un militar e político español. Ocupou diversos cargos no goberno franquista, e foi asasinado por ETA cando era presidente do goberno de España durante a etapa final desa ditadura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e guerra civil

[editar | editar a fonte]

Luis Carrero Blanco naceu en Santoña (Cantabria) o 4 de marzo de 1904,[a] na rúa Tomás Palacio, 37.[1] Descendía dunha familia de militares, pois o seu pai e o seu avó pertenceron ao exército. Era o primeiro fillo do militar coruñés Camilo Carrero Gutiérrez e neto do ourensán Camilo Carrero Senra.[2] A nai de Carrero era Ángeles Blanco Abascal, quen faleceu en 1910 após dar a luz á súa quinta filla, Ángeles, como consecuencia dunha febre.[2] Carrero estudou no colexio Manzanedo de Santoña e ingresou na Escola Naval de San Fernando en 1918 con 14 anos, tomando parte na campaña de Marrocos de 1924-1926. Ao iniciarse a guerra civil española fuxiu ante o temor de ser executado por milicias republicanas e refuxiouse nas embaixadas de México e Francia, ata que en xuño de 1937 conseguiu evadirse á zona nacional. Situado ao mando do destrutor Huesca e, posteriormente, dun submarino, chegou a ser xefe de Operacións do Estado Maior da Mariña.

Cargos de Goberno

[editar | editar a fonte]

No ano 1940 Carrero redactou un informe recomendando a neutralidade española na segunda guerra mundial. Desde entón converteuse no home de confianza de Franco, sendo nomeado subsecretario (1941), ministro da Presidencia (1951) e logo vicepresidente (1967), o que supuxo un incremento crecente do seu peso específico no goberno do Estado. No seu labor procurou limitar a influencia dos falanxistas, promoveu a modernización económica e administrativa do Estado, aínda que sempre dentro do franquismo, e apoiou a planificación da sucesión monárquica do réxime, na figura de Xoán Carlos I.

En xuño de 1973 foi nomeado presidente do goberno, o que facía pensar que se convertería no home forte do Estado á morte do ditador e no alicerce sobre o cal se sustentaría o franquismo sen Franco. Pero o seu falecemento o 20 de decembro de 1973 nun atentado perpetrado por ETA en Madrid abortou esas expectativas.

Asasinato de Carrero Blanco

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Asasinato de Carrero Blanco.
Fotografía do edificio onde caeron os restos do coche após o atentado. A explosión foi tal, que elevou o vehículo até unha altura de 35 metros.
Dodge 3700 GT no que Luis Carrero Blanco sufriu o atentado.

O asasinato de Luis Carrero Blanco, tamén coñecido polo seu nome en clave «Operación Ogro», foi perpetrado pola banda terrorista vasca ETA o 20 de decembro de 1973, sendo Carrero o presidente do Goberno de España. Ás nove e 28 minutos da mañá o etarra 'Kiskur' preparouse para dar o sinal a 'Argala' para que, subido a unha escaleira e camuflado con roupa de electricista, accionase as cargas explosivas cun sistema a distancia. A magnitude da explosión foi tal que o coche oficial de Carrero, un Dodge 3700 GT de 1325 kg de peso, acadou unha altura de 35 metros, elevándose por enriba dos cinco andares do Colexio dos Xesuítas de Madrid. O asasinato provocou un fondo impacto na sociedade española da época, xa que supuxo o maior ataque contra a ditadura franquista dende o final da guerra civil española o 1 de abril de 1939.[3][4]

A morte do almirante Carrero Blanco tivo numerosas implicacións políticas, nun momento en que se facía evidente a decadencia física do ditador Francisco Franco e con iso, o agravamento dos primeiros signos de descomposición do aparello franquista que viñan manifestando nos derradeiros anos da ditadura. Os sectores máis inmobilistas do franquismo, o denominado "búnker", saíron reforzados deste suceso e lograron influír a Franco para que nomease como sucesor de Carrero a un membro da liña dura, Carlos Arias Navarro. Pola súa banda, con este atentado a organización terrorista ETA deu un pulo cualitativo nas súas accións armadas e convertíase así nun dos principais actores da oposición ao franquismo. A ditadura franquista outorgoulle a Carrero, postumamente, o título de duque de Carrero Blanco.

Malia que as autoridades iniciaron unha investigación para aclarar os feitos, o caso ficou arquivado ao comezo da Transición cara á democracia e nunca se esclareceron de todo as circunstancias. Os autores do atentado tampouco chegaron a ser xulgados por estes feitos xa que tras a morte de Franco beneficiaríanse totalmente da amnistía xeral concedida en 1977.

A complexidade do atentado e a súa proximidade coa Embaixada dos Estados Unidos fixo sospeitar que quizais outras organizacións estivesen implicadas, estando a CIA e o seu xefe de estancia en España Luis M. González-Mata Lledó, entre as máis mencionadas, o que foi desmentido polos autores do atentado.

No ano 2008 desclasificouse unha nota da Embaixada dos Estados Unidos en Madrid ao Departamento de Estado do Goberno dos Estados Unidos no que se afirma que «O mellor resultado que pode xurdir... sería que Carrero desapareza de escena, con posíbel substitución polo xeneral Díez Alegría ou Castañón».[5]

A única persoa que supostamente viu a faciana ao coñecido como «home da gabardina branca» que entregou os horarios e rutas de Carrero Blanco, no hotel Mindanao de Madrid, foi José Miguel Beñarán Ordeñana, Argala, quen morreu en 1978 a mans dunha organización terrorista ultradereitista, o Batallón Vasco Español.[6]

  • La victoria del Cristo de Lepanto
  • Arte naval militar, tomo segundo: El buque de guerra (de la galera al portaaviones).
  • España y el mar. Editora Nacional, 1941.
  • Lepanto (1571–1971), Salvat Editorial/Alianza Editorial, 1971.
Baixo o pseudónimo de Juan de la Cosa
  • Comentarios de un español. Las tribulaciones de don Prudencio. Diplomacia subterránea.
  • La gran baza soviética.
  • Las Doctrinas del Komsomol.
  • Gibraltar.
  • España ante el mundo (proceso de un aislamiento). Publicaciones Españolas, 1975.
  • Las modernas torres de Babel.

Notas ao pé

[editar | editar a fonte]
  1. Oficialmente figura nado en 1903 xa que o seu pai, Camilo Carrero Gutiérrez, manipulou a partida de nacemento para que entrase un ano iñantes na Escola Naval Militar — véxase Carrero, eminencia gris del régimen de Franco, de Javier Tusell.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "Como ve Santoña a "su" presidente". Blanco y Negro. 16 de xuño de 1973. p. 29. 
  2. 2,0 2,1 Militar y padre de un jefe del Gobierno (26 de decembro de 2003). La Voz de Galicia.
  3. Prego, Victoria (1995). Así se hizo la Transición, páxina 24. Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 84-01-37556-8.
  4. "Los años 70: golpe al franquismo". La Vanguardia. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2009. 
  5. US Embassy Madrid — US Depatment of State. Cable 700. Xaneiro de 1971 Arquivado 22 de outubro de 2008 en Wayback Machine..
  6. "Yo maté al asesino de Carrero Blanco". El Mundo. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Francisco Franco Bahamonde
 
Presidente do Goberno de España
 
1973 (9 de xuño - 20 de decembro)
Sucesor:
Torcuato Fernández Miranda