Saltar ao contido

Shusaku Endo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaShusaku Endo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 遠藤 周作 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1923 Editar o valor en Wikidata
Nishisugamo, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de setembro de 1996 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Keio University Hospital, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteHepatite
pneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint Ignatius Church (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio do Xapón (–1947)
Xapón Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Keio (pt) Traducir
Nada Junior and Senior High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , profesor universitario , dramaturgo , guionista , novelista , biógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade Sofia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua chinesa, lingua xaponesa e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJunko Endō
FillosRyūnosuke Endō (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiTsunehisa Endō (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0256870 BNE: XX1031919 WikiTree: 遠藤-1 Find a Grave: 6825793 Editar o valor en Wikidata

Shūsaku Endō (xaponés: Endō Shūsaku 遠藤 周作), nado en Tokyo o 27 de marzo de 1923 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1996, foi un escritor católico xaponés. É recoñecido a nivel internacional pola súa novela histórica Chinmoku ("Silencio", 1966), adaptada ao cinema por Martin Scorsese en 2016.[1] Recibiu numerosos premios literarios, entre os que destacan o Akutagawa e a Orde da Cultura nipoa. Foi nomeado membro da Orde de San Silvestre polo papa Paulo VI.

Xunto con Junnosuke Yoshiyuki, Shōtarō Yasuoka, Junzo Shono, Hiroyuki Agawa, Ayako Sono e Shumon Miura, forma parte da chamada Terceira xeración de escritores de posguerra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Shūsaku Endō naceu en Tokyo en 1923. Pouco despois, a súa familia trasladouse a Dalian, que naquel momento formaba parte do territorio ocupado de Kwantung, en Manchuria.[2] Tras o divorcio dos pais en 1933, Endō regresou coa súa nai ao Xapón, onde se instalaron na casa da súa tía en Kobe.[3] Ao ano seguinte, foi bautizado no catolicismo, a fe da súa nai.[3]

Endō matriculouse en Medicina na Universidade Waseda de Tokyo,[2] mais logo abandonou esta carreira para estudar Literatura Francesa na Universidade Keiō.[4] Durante a guerra, traballou nunha fábrica de munición,[3] ao tempo que contribuía en diversas revistas literarias. Rematado o conflito, puido continuar os seus estudos na Universidade de Lyon, onde estivo entre 1950 e 1953.[4] Durante esta etapa, estivo en contacto con moitos intelectuais e autores católicos franceses, que influenciaron profundamente a súa obra.[4]

Tras regresar ao Xapón, comezou a gañar popularidade como escritor. En 1954, recibiu o premio Akutagawa pola súa novela Shiroi hito ("O home branco").[4] Ao ano seguinte, casou con Okada Junko, coa que tivo un fillo, Ryūnosuke, nado en 1956.[2][4] Endō foi profesor en varias universidades nipoas.[4] En 1956, foi contratado pola Universidade Sophia e, en 1967, foi nomeado profesor de Teoría da Novela na Universidade Seijo.[3]

Durante a súa vida, Endō sufriu numerosas enfermidades, chegando a pasar dous anos ingresado nun hospital.[4] En 1952, durante a súa etapa en París, padeceu pleuresía, que volvería a afectalo nunha viaxe a Francia en 1960.[3] Por outra banda, tamén contraeu a tuberculose, polo que lle foi extirpado un pulmón.[4]

En 1995, Endō recibiu a Orde da Cultura do goberno xaponés.[3] Faleceu pouco despois por complicacións dunha hepatite no hospital da Universidade Keio de Tokyo, o 29 de setembro de 1996.[5]

Os seus libros reflicten moitas das súas experiencias de infancia, o que inclúe o estigma de ser diferente, e en moitos dos seus libros o seu catolicismo adquire un papel central, frecuentemente compárase a súa obra coa de Graham Greene polos conflitos morais que viven os seus protagonistas e pola escrita psicolóxica das súas novelas.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Shiroi hito 白色い人 ("O home branco", 1955).
  • Kiiroi hito 黄色い人 ("O home amarelo", 1955).
  • Umi to dokuyaku 海と毒薬 ("O mar e o veleno", 1957). Trata sobre experimentos médicos realizados durante a segunda guerra mundial en prisioneiros de guerra estadounidenses.
  • Obaka-san おバカさん ("O parvo", 1960). Trata sobre un francés que visita o Tokyo de posguerra.
  • Chinmoku 沈黙 ("Silencio", 1966). O seu primeiro éxito de vendas, considerada a súa mellor obra. Relata o labor dos misioneiros portugueses no Xapón do século XVII.
  • Ōgon no kuni 黄金の国 ("O país dourado", 1970). Peza de teatro, de temática semellante a Chinmoku.
  • Samurai 侍 ("O samurai", 1980). A súa novela máis vendida. Conta a historia do samurai Hasekura Tsunenaga, enviado como embaixador a Nova España a comezos do século XVII.
  • Fukai kawa 深い河 ("O río profundo", 1994).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]