Alexandre Calvo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1903 Santiago de Compostela |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | ciclista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | ciclismo de competición |
Alejandro Ángel Paulino Calvo Abollo, coñecido como Alexandre Calvo, nado en Santiago de Compostela o 2 de marzo de 1903, foi un ciclista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Calvo Lancel, que fora directivo da Unión Protectora de Artesanos, e Francisca Abollo Lamas. Practicou o fútbol e despois a bicicleta e con 20 anos participou en competicións ciclistas en Compostela. En xullo de 1923 gañou a súa primeira carreira nun circuíto preparado nos paseos da Ferradura.[1] Entre 1924 e 1926 compaxinou o ciclismo coa chamada a filas. Adestrado por José Santos Ferrón e patrocinado polo empresario compostelán Honorino Méndez, cubriu os 612 quilómetros que separaban Santiago e Madrid en maio de 1924.[2] En setembro dese ano fundou e presidiu a primeira directiva da Unión Ciclista Compostelana.[3] En 1925 integrouse no Club Deportivo Fortuna de San Sebastián ao que representa no Campionato de España de ciclismo. Ao rematar o servizo militar retornou ao ciclismo participando en probas por toda Galicia e Portugal. Casou e dedicouse ao comercio, sendo vendedor de cociñas económicas. En agosto de 1928 gañou a Volta ao Val Miñor e en setembro participou no Campionato Rexional de Ciclismo. En 1929 quedou segundo no Gran Premio Raleigh de Pontevedra, e participou na Volta á provincia de Pontevedra. En xuño de 1930 morreu a súa muller e Alexandre emigrou a Cataluña, establecéndose en Barcelona en 1931. Foi directivo do Centro Cultural Gallego e participou na Comisión Pro Autonomía Gallega. En abril de 1933 converteuse nun dos líderes da delegación oficial do Partido Galeguista en Barcelona. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 cólleo en Compostela. En febreiro de 1949 embarcou en Vigo cara á Arxentina.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa mestra Ángeles Seijo Couto en 1927.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alexandre Calvo, campión ciclista en Galicia e líder galeguista en Barcelona Arquivado 09 de xullo de 2021 en Wayback Machine.