Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Czesław Miłosz Nome orixinal (pl) Czesław Miłosz Biografía Nacemento 30 de xuño de 1911 Šeteniai (Imperio Ruso)
Morte 14 de agosto de 2004 (93 anos)Cracovia, Polonia Lugar de sepultura Crypt of Merit at Skałka (en) Catedrático
Datos persoais País de nacionalidade Estados Unidos de América (1970–) Lituania (1939–) Polonia Relixión Igrexa católica Educación Universidade de Vilnius Actividade Campo de traballo Fiction (en) , literatura , historia da literatura , tradución e diplomacia Lugar de traballo Francia Estados Unidos de América Ocupación poeta , tradutor , pedagogo , profesor universitario , ensaísta , diplomático , escritor , historiador da literatura Empregador Universidade de California en Berkeley Universidade Harvard Membro de Xénero artístico Poesía Influencias
Heráclito de Éfeso ,
Agostiño de Hipona ,
Emanuel Swedenborg ,
William Blake ,
Adam Mickiewicz ,
Fiódor Dostoievski ,
Lev Shestov (pt) ,
Oscar Vladislas de Lubicz-Milosz (pt) ,
Jacques Maritain ,
Thomas Stearns Eliot ,
Martin Heidegger e
Simone Weil Lingua Inglés estadounidense , lingua francesa , lingua polaca , lingua inglesa , lingua castelá e lingua checa Obra Obras destacables
Arquivos en Familia Familia House of Miłosz (en) Cónxuxe Carol Thigpen-Miłosz (1992–2002) , morte do cónxuxe Janina Milosz (1944–1986) , morte do cónxuxe Parella Jadwiga Waszkiewicz (pt) Fillos Anthony Milosz ( ) Janina Milosz Peter Milosz (en) ( ) Janina Milosz Pai Aleksander Miłosz (en) Irmáns Andrzej Miłosz (en) Parentes Grażyna Strumiłło-Miłosz (en) (cuñada )Oscar Vladislas de Lubicz-Milosz (pt) ()Joanna Milosz-Piekarska (en) (sobriña )Czeslaw de Wijs (en) (sobriño ) Páxina web milosz.pl
Czesław Miłosz , nado en Steiniai (Lituania ) o 30 de xuño de 1911 e finado en Cracovia o 14 de agosto de 2004 , foi un escritor polaco . Premio Nobel de Literatura en 1980 . A súa familia era orixinaría de Lituania , aínda que de lingua, tradición e cultura polaca. Durante toda a súa vida mantívose moi unido ao que consideraba o seu territorio histórico: o Gran Ducado de Lituania .
Fillo dun enxeñeiro civil, cursou os seus estudos superiores de dereito en Vilna . Membro do grupo literario Żagary , debutou como escritor en 1930 , publicando nesa década dous volumes de poesía : "Tres invernos" e "Poema sobre o tempo conxelado" polo que conseguiu unha bolsa para París onde trabou relación co que sería unha das súas maiores influencias literarias e filosóficas: o seu familiar e poeta francés de orixe lituana Oscar Venceslas de Lubicz-Milosz . Traballou na Radio polaca . Durante a segunda guerra mundial e residiu en Varsovia , onde prestou apoio aos perseguidos polo réxime nazi .
Traballo no servizo diplomático da "Polonia Popular" desde 1945 ata 1951 , cando se exiliou e fixou a súa residencia en Francia . A súa evolución ideolóxica e posterior rexeitamento do réxime comunista polaco plasmouna na colección de ensaios "O pensamento cativo". En 1953 recibiu o Prix Lettéraire Européen pola súa novela "O poder cambia de mans".
En 1960 trasladouse a Berkeley , Estados Unidos , invitado pola Universidade de California e foi alí desde 1961 , profesor de Linguas e Literatura Eslavas .
Recibiu o título de Doutor Honoris Causa en Letras pola Universidade de Míchigan en 1977 e o Premio Nobel de Literatura en 1980 , "pola súa voz inflexible nun mundo de conflitos severos ".
Posteriormente coa caída do Pano de aceiro puido retornar ao seu país, onde se estableceu definitivamente os últimos anos da súa vida. Morreu o 14 de agosto de 2004 na súa residencia de Cracovia .
Kompozycja (1930)
Podróż (1930)
Poemat o czasie zastygłym (1933)
Trzy zimy (1936)
Wiersze (1940)
Pieśń niepodległa (1942)
Ocalenie (1945)
Traktat moralny (1947)
Zniewolony umysł (1953)
Zdobycie władzy (1953)
Światło dzienne (1953)
Dolina Issy (1955)
Traktat poetycki (1957)
Rodzinna Europa (1958)
Kontynenty (1958)
Człowiek wśród skorpionów (1961)
Król Popiel i inne wiersze (1961)
Gucio zaczarowany (1965)
Widzenia nad Zatoką San Francisco (1969)
Miasto bez imienia (1969)
The History of Polish Literature (1969)
Prywatne obowiązki (1972)
Gdzie słońce wschodzi i kędy zapada (1974)
Ziemia Ulro (1977)
Ogród nauk (1979)
Hymn o perle (1982)
The Witness of Poetry (1983)
Nieobjęta ziemia (1984)
Kroniki (1987)
Metafizyczna pauza (1989)
Poszukiwanie ojczyzny (1991)
Rok myśliwego (1991)
Na brzegu rzeki (1994)
Legendy nowoczesności (1996)
Życie na wyspach (1997)
Piesek przydrożny (1997)
Abecadło Miłosza (1997)
Inne Abecadło (1998)
Wyprawa w dwudziestolecie (1999)
To (2000)
Orfeusz i Eurydyka (2003)
O podróżach w czasie (2004)
Wiersze ostatnie (2006)
1901–1925 1926–1950 1951–1975 1976–2000 Dende 2001