Kristaps Porziņģis
Boston Celtics – No. 8 | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 2 de agosto de 1995 (29 anos) Liepāja |
Nacionalidade | Letonia |
Altura | 2,18 m (7 ft 2 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2015 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por New York Knicks |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Baloncesto Sevilla (2011–2015) →Sevilla B (2011–2012) New York Knicks (2015–2019) Dallas Mavericks (2019–2022) Washington Wizards (2022–2023) Boston Celtics (2023–presente) |
Kristaps Porziņģis, nado o 2 de agosto de 1995 en Liepāja, é un xogador profesional de baloncesto letón que xoga para os Boston Celtics da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,18 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Porziņģis comezou a súa carreira en varios equipos da súa localidade natal, antes de fichar polas categorías inferiores do CB Sevilla no ano 2011. Debutou co primeiro equipo o 29 de setembro de 2012, na derrota do Sevilla contra o CB Murcia.[1]
O 25 de xuño de 2015, Porziņģis foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2015 polos New York Knicks.[2] O 30 de xuño de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Knicks.[3]
O 31 de xaneiro de 2019, Porziņģis foi traspasado xunto a Trey Burke, Tim Hardaway Jr. e Courtney Lee ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[4]
O 10 de febreiro de 2022, Porziņģis e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 foron traspasados ós Washington Wizards, a cambio de Spencer Dinwiddie e Dāvis Bertāns.[5]
O 22 de xuño de 2023, os Wizards traspasaron a Porziņģis ós Boston Celtics, como parte dun traspaso entre tres equipos que mandou a Marcus Smart ós Grizzlies, e a Tyus Jones, Danilo Gallinari, Mike Muscala e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 dos Celtics ós Wizards.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Universidad Catolica De Murcia CB 93, Baloncesto Sevilla 77". RealGM. Consultado o 20 de xuño de 2015.
- ↑ "With The No. 4 Pick, The Knicks Select Kristaps Porzingis". NBA.com. 25 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015.
- ↑ "Knicks Sign Kristaps Porzingis and Jerian Grant". NBA.com. 30 de xullo de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2015.
- ↑ "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Washington acquires Kristaps Porzingis". NBA.com. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022.
- ↑ "Boston Celtics Acquire Kristaps Porzingis". NBA.com. 23 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2023. Consultado o 23 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 14 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxinas con tamaños de imaxe que conteñen un px de máis
- Nados en 1995
- Nados en Letonia
- Xogadores de baloncesto de Letonia
- Ala-pivotes de baloncesto
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores do CB Sevilla
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Boston Celtics