Miguel
Miguel é un nome de varón. Provén do hebraico מיכאל (mi-ka-el), e significa ‘Quen coma Deus?’, formado por mi ‘quen’, ka ‘como’ e o elemento divino El ‘Deus’, (referíndose a Elohim, proveniente á súa vez do deus ugarítico El). O nome úsase tanto na relixión hebraica, coma na cristiá (católica, anglicana e ortodoxa.) e no islam.
É o nome do arcanxo Miguel, polo que adoita aparecer na forma Miguel Anxo. Este arcanxo é para os hebreos o primeiro dos anxos, sendo o arcanxo por excelencia por mor da súa vitoria fronte aos anxos rebeldes.
O feminino galego é Miguela ou Micaela. O apelido patronímico en Galiza deu a forma Míguez ou Migues (en Castela deu porén Miguélez). O nome no occidente galego adoita pronunciarse con gheada: Mighel.
Santoral
[editar | editar a fonte]- 9 de febreiro: San Miguel Febres Cordero, irmán das Escolas Cristiás ecuatoriano.
- 14 de maio: San Miguel Garicoits (Mixel Garicoitz, coñecido en Francia coma Michel Garicoïts), , crego vasco fundador de Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús de Betharram.
- 8 de xuño: San Miguel dos Santos (Miquel dels Sants), relixioso trinitario catalán.
- 29 de setembro: San Miguel Arcanxo, a máis celebrada.
- 29 de outubro: Beato Miguel Rúa (Michele Rua), relicioso italiano e segundo Reitor Maior dos salesianos.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]O nome Miguel é e foi popular en Galicia, multitude de parroquias teñen a Miguel Arcanxo como patrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Miguel). Dende hai máis de cincuenta anos, na súa versión en inglés, Michael (pronunciado máikl), é un dos nomes máis usados nos Estados Unidos. En España empezou a ser moi popular a partir da Renacenza e actualmente é o sétimo nome de varón máis común do estado.
En Galicia, onde xa aparece nos rexistros do século XV coas formas: Miguel, Migeel ou Miguell, é hoxe o doceavo nome de varón máis popular do país, con todo é moito menos popular ca noutras comunidades de España. En setembro de 2015, 12.627 varóns galegos levaban este nome[1].
Míguez
[editar | editar a fonte]Míguez ou Migues é o apelido patronímico galego do nome Miguel. En castelán deu Miguélez. Practicamente só aparece en Galicia e provincias onde os galegos emigraron. En setembro de 2015, 11.894 galegos tiñan este apelido[2].
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Albanés: Mëhill, Mhill.
- Alemán: Michael, Michel
- Árabe: ميخائيل (Mijaíl).
- Asturiano: Micael, Micaela (feminino).
- Bretón: Mikael
- Catalán: Miquel, Miquela (feminino).
- Checo e Eslovaco: Michal
- Chinés (Mandarín): 麥可 (mài kě).
- Coreano: 마이클 (ma i keul).
- Córnico: Mygal
- Croata: Mihovil, Miho
- Danés: Mikael
- Escocés: Micheal
- Esloveno: Mihael
- Español: Miguel, Micaela (feminino).
- Esperanto: Mikelo
- Estoniano: Miikael
- Éuscaro: Mikel, Mikele (feminino).
- Finlandés: Mikko, Mikael
- Francés: Michel, Michèle (feminino).
- Galés: Meical
- Galego: Miguel, Miguela (feminino).
- Grego: Μιχάλης (Michalis).
- Hebraico: מיכאל (Mijael)
- Holandés: Michiel, Michaël
- Húngaro: Mihály
- Inglés: Michael (hipocorístico Mike, Mickey, Mick), Michelle (feminino).
- Irlandés: Mícheál
- Islandés: Mikael
- Italiano: Michele,[3] Michela (feminino).
- Latín: Michael
- Letón: Miķelis
- Lituano: Mykolas
- Maltés: Mikiel
- Polonés: Michał, Michalina (feminino).
- Portugués: Miguel (masculino), Micaela, Miquelina (femininos); no Brasil utilízanse ademais Maicon e Maico (que proveñen da pronuncia inglesa).
- Romanés: Mihai
- Ruso: Михаи́л (Mighail); hipocorístico: Миша (Mixa), Миха (Migha)
- Serbio: Mihajlo
- Sueco: Mikael
- Bérber: Mighel
- Turco: Mikail
- Ucraíno: Михайло (Myighailo).
- Xaponés: マイケル (ma i ke ru).
- Xeorxiano: მიხეილი (Mijeili).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística, nome Miguel
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, apelido Míguez
- ↑ (it) Segundo unha estimación do ano 2000 era o décimo sexto nome masculino italiano máis común LIOn, (Laboratorio Internazione di Onomastica) - Clasificación Onomásticas: nombres masculinos en Italia en el siglo XX