Río do Con
Río do Con | |
---|---|
Río do Con ao seu paso por Vilagarcía de Arousa. | |
País | Galicia |
Nacemento | Monte Xiabre |
Lonxitude | 15 Km |
Caudal medio | ? m³/s |
Desembocadura | Ría de Arousa |
O río do Con é un río da provincia de Pontevedra que desemboca na ría de Arousa.
Descrición
[editar | editar a fonte]Fontes
[editar | editar a fonte]Nace nas inmediacións do monte Xiabre, onde fai un remanso para formar o encoro de Vilagarcía de Arousa, que abastece á vila.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Antes de entrar na vila descende dende montañas que case non superan os 600 msnm, pero que teñen unha media anual de precipitacións de máis de 1.500 mm.[1] Isto provoca que o seu caudal aumente de forma intensa nalgunhas ocasións, provocando enchentes como as de novembro do ano 2006. Pasa polo centro de Vilagarcía, atravesando zonas céntricas como a do Convento de Vista Alegre. Despois de percorrer uns 15 km desemboca na ría de Arousa.
Natureza
[editar | editar a fonte]Medio ambiente
[editar | editar a fonte]O río padece verteduras incontroladas de residuos sólidos. A pesar diso abondan nel os peixes, que son visibles dende as beiras do río.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Agencia Estatal de Meteorología". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2008. Consultado o 14 de marzo de 2010.