Saltar ao contido

Rosalyn Sussman Yalow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRosalyn Sussman Yalow

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Rosalyn Sussman Yalow Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Rosalyn Sussman Editar o valor en Wikidata
19 de xullo de 1921 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 2011 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Bronx, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMount Moriah Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York
Hunter College (en) Traducir
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign - Doutora en filosofía
Walton High School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBiofísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísica , profesora universitaria , médica , biofísica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Yeshiva (pt) Traducir
Hunter College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesada enFísica nuclear Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeA. Aaron Yalow

WikiTree: Sussman-74 Find a Grave: 70724269 Editar o valor en Wikidata

Rosalyn Sussman Yalow, nada o 19 de xullo de 1921 e finada o 30 de maio de 2011, foi unha investigadora en física médica norteamericana gañadora do Premio Nobel de Medicina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Nova York o 19 de xullo de 1921, graduouse no 1941 no Hunter College, onde desenvolveu o seu interese na física. Á vista das dificultades de ser muller (e xudía), colleu un traballo como secretaria dun bioquímico, pero pronto recibiu unha oferta como profesor asistente de física na Universidade de Illinois, pasando a ser a única muller entre 400 membros. Casou no 1943 con Aaron Yalow e acadou o doutoramento en 1945.

Con posterioridade, o seu marido traballou no Hospital de Veteranos da Administración do Bronx, poñendo a punto o servizo de radioisótopos, pasando Rosalyn a desenvolver xunto con Solomon Berson o RIA, unha técnica de trazado de radioisótopos que permite a medida de cantidades moi pequenas de varias substancias biolóxicas no sangue. De xeito orixinal foi usada para estudar os niveis de insulina na diabete, pero logo foi usada en centenas doutras substancias, incluídas hormonas, vitaminas e enzimas, todas elas demasiado pequenas para ser detectadas. A pesar do seu alto potencial comercial, ambos refusaron patentar o método. No 1976, converteuse na primeira muller que recibiu o Albert Lasker Award for Basic Medical Research. O ano seguinte foi o Premio Nobel de Medicina, xunto con Roger Guillemin e Andrew V. Schally. Berson morrera con anterioridade, polo que non foi considerado para recibilo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]