The Ting Tings
The Ting Tings | |
---|---|
The Ting Tings nunha actuación o 14 de marzo de 2009. | |
Orixe | Salford, Gran Manchester, Inglaterra |
Período | 2007 - presente |
Xénero(s) | Indie rock, indie pop, dance-punk, synthpop, indietronica, alternative dance, new wave, post-punk revival[1] |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia, Roc Nation, Finca Records |
Membros | Katie White Jules De Martino |
Na rede | |
http://www.thetingtings.com | |
The Ting Tings son un dúo inglés[2] formado por Katie White (voz, guitarra, baixos, cowbells) e Jules De Martino (batería, guitarra, baixo, coro, piano). Formouse en decembro de 2007 en Islington Mill Studios de Salford, Gran Manchester.
White e De Martino lanzaron catro sinxelos co selo Columbia Records, incluíndo "That's Not My Name", que acadou o número un no Reino Unido en maio de 2008.[3] O álbum We Started Nothing foi lanzado o 19 de maio de 2008 e tamén conseguiu o número un no Reino Unido.[4] O sinxelo "Hands", foi lanzado o 11 de outubro de 2010 e apareceu no videoxogo FIFA 12.[5] O seu segundo álbum de estudio, Sounds from Nowheresville, foi lanzado en febreiro de 2012,[6] e o sinxelo "Hang It Up" estreouse o 16 de xaneiro de 2012. O seu terceiro álbum, Super Critical, foi lanzado en outubro de 2014.[7]
Discografía
[editar | editar a fonte]- We Started Nothing (2008)
- Sounds from Nowheresville (2012)
- Super Critical (2014)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mason, Stewart. "The Ting Tings". Allmusic. Rovi Corporation. Consultado o 7 de xullo de 2009.
- ↑ Michaels, Sean (24 de xaneiro de 2012). "The Ting Tings urge label to rush-release leaked album". The Guardian. Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ "The ting tings top u.k. album chart". Consultado o 10 de xuño de 2008.
- ↑ "World Album Charts". aCharts.us. Retrieved 10 June 2008.
- ↑ "FIFA 12 Soundtrack". FIFPlay. 15 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2013.
- ↑ http://www.nme.com/news/the-ting-tings/60452
- ↑ "Ultimate Music - The Ting Tings "Super Critical" (Web)". Ultimate Music. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 29 de setembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)