Urbanos de Ourense
Urbanos de Ourense | |
---|---|
Tipo | empresa de autobuses |
Data de fundación | 2005 |
Sede | Ourense |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Autobuses Urbanos de Ourense S.L., ou simplemente Urbanos de Ourense é unha empresa galega de transportes que se encarga da prestación do servizo de transporte público urbano á cidade de Ourense dende que foi constituída no ano 2005. A sociedade está constituída por varias empresas como Vitrasa, Auto-Res, Grupo Alfer, Autos González e Autos A.González e está xestionada polo Grupo Avanza. Dende o 25 de maio de 2022, estrea nova web [1]
Liñas
[editar | editar a fonte]Actualmente Urbanos de Ourense conta cun total de 27 liñas, amais de dúas liñas nocturnas (Moucho Bus) operativas os venres, sábados e vésperas de festivos:
- 1: Seixalbo - U. Laboral - Quintela
- 2: Seixalbo - Cudeiro
- 3: Quintela - Rairo
- 4: Covadonga - Residencia - Berrocas
- 5: Ceboliño - Reza
- 6A: Estación Autobuses - Residencia
- 6B: Estación Autobuses - Couto - Residencia
- 7: Covadonga - Valenzá
- 9: Mende - Residencia - Curuxeiras
- 10: Cabeza de Vaca - Velle
- 11A: Santa Mariña - Oira
- 11B: Vinteún - Cuartel
- 12: Estación Autobuses - Pazo Deportes - Expourense
- 13A: Palmés - Residencia
- 13B: Palmés - Cuña
- 14: Viso - Cumial
- 15: Santa Cruz - Parque San Lázaro
- 16: Vinteún - Pazo Deportes - Expourense
- C17: Fechos - Fonsillón - Rabo de Galo - Mende
- 18: Milagrosa - Residencia
- 19: Praza Maior - Termas de Outariz
- 20: Vinte e un - San Lázaro - Campus
- 21: 6º Instituto - Peliquin - Avda. Portugal - Residencia
- 22: Cudeiro - Rairo
- 23: Xardín do Posío - Oira
- 25A: Moucho Bus: Cuña - Vinteún
- 25B: Moucho Bus: Residencia - Estación Bus
- 26: Chavasqueira - Residencia
- 27: Polvorín - Velle
- 33: Quintela - Cumial
Percorridos turísticos
[editar | editar a fonte]Urbanos de Ourense tamén explota o tren turístico Tren das Termas (liña 19), que cobre o percorrido entre a Praza Maior e as Termas de Outaríz con distintos percorridos de ida e volta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ourense estrea nova web do servizo de autobuses urbanos, coa información máis completa de liñas, paradas e horarios.". Concello de Ourense. Consultado o 03/06/2022.